Fragmentos de "Cuestión vitáis secretas" de Iván García Campos

"Os alimentos, dicíannos: Teñen que tardar sete segundos en iren da boca ao estómago. Por isto non nos deixaban beber auga mentres comíamos, para non acelerar o proceso, diciannos. Podíamos beber auga antes ou despois, pero nunca mentres comíamos. Diciannos: Custa o mesmo adquirir un mal hábito ca un bo hábito.
De vivirmos con orde, simplificamos moito os nosos quefaceres. Dicíannos. A orde e a pulcritude non son hábitos dos que debamos vangloriarnos, porque caquera persoa medianamente instruída é ordenada. Para eles todo era un deber ineludible. A idea de que un non debía facer nin menos nin máis do que debía facer.
Viviamos entre o imposto e o vetado.
Lembro os acenos de desacougo dos meus pais porque non acababamos de facer ben ou non facíamos a tempo isto ou aquilo, que podía ser algo novo ou algo ordinario. Eran cousas que pasaban perante dos nosos ollos. Afaciámonos a vivir con elas e non se nos ocorría facernos preguntas. Cortar o pan sempre antes de poñelo na mesa, nunca sobre ela. Cortalo en anacos do mesmo tamaño, coma se fose un pecado ou unha loucura que non medisen o mesmo ou que non tivesen a mesma forma. Non asomarse nunca as fiestras que daban á rúa, senón nas últimas horas da tarde. Non empregar a toalla que utilizabamos para a cara para ningún outro uso. Non humedecer os dedos na boca para pasar as follas dun libro, nin para separar papeis, nin para repartir os naipes nun xogo. Era o cotián, o familiar. Non o notabamos.Coller de tal ou cal xeito os cubertos e nunca de calquera outra maneira. Facer a cama con precisión de hospital e dobrar meticulosamente a roupa do mesmo xeito que eles teimaban en pregar os xornais, os papéis ou as bolsas de plástico que entraban na casa, cun coidado e cunha precisión xeométrica. Coma se deste xeito se puidese evitar que o caos terminase coa civilización." Fragmento del relato "A historia central"

Comentarios

Entradas populares de este blog

Fragmento de "Los últimos días de nuestros padres" de Joël Dicker

SANTIAGO DE COMPOSTELA EN LOS LIBROS

"O faro escuro" de María López Sández