"Cuestións vitáis secretas" de Iván García Campos

"Cuestións vitáis secretas" libro escrito polo autor Iván García Campos e editado pola Editorial Galaxia, trae novas sensacións ós lectores, novas reflexións. 

Iván García Campos, con moita sabedoría, trae pequenos relatos ata as nosas mans, relatos de vidas sinxelas, de personaxes da rúa dos que ninguén pode pensar que teñan unhas vidas moi interesantes, máis aquí con cada un deses homes e mulleres atoparedes uns diálogos non escritos, uns diálogos silenciosos que todas as vidas levan consigo.

O autor move a nosa curiosidade con cada unha das historias que nos conta, cada conto leva un fio que nos mantén pegados a narración, e nos fai sentir coma se nós mesmos fóramos o personaxe en cuestión, e cando nos damos conta, chegamos a conclusión do que o autor nos quere dicir co título do libro.

 "Cuestións vitáis secretas" trae as nosas máns eses dilemas que temos todos na vida, dilemas que non podemos expresar en voz alta, trae a nós a reflexión sobre os actos que a diario levamos a cabo e que sen darnos conta arrastran con nos ós seres queridos, trae a nos ese mirar a outro lado que todos nalgún momento facemos en lugar de enfrontarnos ó problema. As dificultades que ten criar os fillos que veñen sin libro de instruccións....o dificil que é amosar os sentimentos ante os demáis: decir un "quérote", un "non podes facer iso", o dificil que é as veces ter que calar  e o perigoso que as veces é falar de máis, o problemático de ter que deixar que os demáis erren e aprendan dos erros. O non meterte onde non te chaman, o dilema de axudar ou non axudar, de buscar axuda ou non facelo, de recoñecer un problema ou non recoñecelo...Todas son cuestións vitáis que se levan en silencio e que teñen as súas consecuencias.

Un mundo de sensacións, experiencias vitáis moi importantes que non son expresadas en voz alta, máis si que son experimentadas e constatadas e que removerán por completo a vida dunha persoa, dunha familia. Inversamente proporcional, puntos,a historia central e segredos son as que máis chamaron a miña atención de todas as narracións deste libro. Algunhas me resultaron desagradables outras me levaron a reflexións por presentar ante min un punto de vista diferente o meu, outras sorprendéronme simplemente.

Persoalmente gustoume moito o libro polas reflexions que traen consigo todos os relatos, penso que o libro ten un moi bó contido entre liñas, levado polo autor dunha maneira moi sabia. As lecturas son intrigantes, sinxelas de ler, non atoparedes un vocabulario dificil e o ser temáticas e personaxes totalmente diferentes fai a súa lectura amena.

Se vos gustan os libros con moito contido entre liñas e que toquen o téma das emocións e dos sentimentos, aquí tedes un bo exemplar a ler, serán emocións fortes e sentimentos intensos os que atoparedes nestas sinxelas historias, sentimentos que removerán a vosa conciencia e que seguramente dará moito que falar se alguén máis lee con vosoutros o libro, porque algúns témas son para moita polémica e reflexión. Un moi bo libro que non deixará indiferente a ninguén.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Fragmento de "Los últimos días de nuestros padres" de Joël Dicker

SANTIAGO DE COMPOSTELA EN LOS LIBROS

"O faro escuro" de María López Sández