Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2015

Novidades da Editorial Galaxia

Imagen
Ola¡¡ Aquí tedes algunhas das novidades que mostra a Editorial Galaxia na súa páxina web e que parecéronme interesantes para vosoutros e para min. Tal vez achedes algo do voso interese. Un saúdo¡¡ "AS ULTIMAS GALERIAS" de Xosé María Álvarez Cáccamo Título: As últimas galerías Autor: Xosé María Álvarez Cáccamo Editorial: Galaxia 2015 Colección: Literaria 204 páxinas ISBN:  978-84-9865-619-0 P.V.P: 16,00 € O percorrido a través dun álbum de fotos familiares; a lectura dun feixe de cartas de amor; un soño sorprendente e as conversas sostidas con antigas amizades da nai -entre outras fontes de información- permiten ao narrador, fillo dunha muller afectada de demencia senil e internada nun centro xeriátrico, indagar arredor do sentido enigmático de determinados acontecementos do pasado que, pouco a pouco, se lle van revelando. Novela de evocación. As últimas galerías tece vagarosamente o retrato da parella protagonista para acelerar o ritmo narrativo conforme o narra

"Cuestións vitáis secretas" de Iván García Campos

Imagen
" Cuestións vitáis secretas " libro escrito polo autor Iván García Campos e editado pola Editorial Galaxia , trae novas sensacións ós lectores, novas reflexións.  Iván García Campos, con moita sabedoría, trae pequenos relatos ata as nosas mans, relatos de vidas sinxelas, de personaxes da rúa dos que ninguén pode pensar que teñan unhas vidas moi interesantes, máis aquí con cada un deses homes e mulleres atoparedes uns diálogos non escritos, uns diálogos silenciosos que todas as vidas levan consigo. O autor move a nosa curiosidade con cada unha das historias que nos conta, cada conto leva un fio que nos mantén pegados a narración, e nos fai sentir coma se nós mesmos fóramos o personaxe en cuestión, e cando nos damos conta, chegamos a conclusión do que o autor nos quere dicir co título do libro.  "Cuestións vitáis secretas" trae as nosas máns eses dilemas que temos todos na vida, dilemas que non podemos expresar en voz alta, trae a nós a reflexión sobre

Iván García Campos

Imagen
Iván García Campos (A Coruña, 1974) obtivo en 2008 o Premio Nacional de Narracións Curtas Modesto Rodríguez Figueiredo, instituído pola Fundación do Pedrón de Ouro, pola súa obra Unha casa chea de xanelas .  Coa súa primeira novela, O imposible de desata r , recibiu o Premio Blanco Amor en 2010.  Neste ano 2015 trae a súa nova publicación da man da Editorial Galaxia, " Cuestións vitáis secretas ", un libro sobre os secretos das nosas vidas que non son revelados, pero secretos que removen as nosas vidas por completo. Os relatos que Iván García Campos introduce nesta nova novela, desvela todo aquilo que sempre está a piques de acontecer e parece que endexamais chegará a realizarse. Un libro moi interesante que non vos deixará indiferentes.

"O becho que quería comer á avóa" de Rocío Leira

Imagen
Ola¡¡ Xa teño unha nova recensión, o conto " O becho que quería comer á avoa " da escritora Rocío Leira . Un pequeno gran conto editado pola Editorial Galaxia. Si, digo ben, un pequeno gran conto, porque aínda que ten poucas páxinas, esté é un conto ben grande, un conto moi importante se sodes pais e tedes, ou estades a crear, unha biblioteca de referencia para os vosos fillos en lingua galega.  É un libro importante pola actualidade do téma que trata nas súas follas, xa que nesta ocasión, o libro escrito por Rocio Leira, somerxe ós nosos fillos nunha problemática familiar que a gran maioría das familias sofre, sofriu ou sofrirá. Serálles fácil con este libro aprender que nalgunhas situacións hai familiares que han de marchar lles guste ou non, e que hai enfermidades que hai que afrontar xuntos en familia. Contado dende a perspectiva dunha pequena cativa chamada Sara, Sariña, atoparedes o diálogo interno da nena que se enfronta a unha situación dificil na súa f

Rocío Leira

Imagen
Rocío Leira Castro naceu en Pereiriña (Cee) no ano 1979. Licenciouse en Matemáticas e dirixe un centro de formación para universitarios en Compostela.   Dende moi cativa comenzou a escribir e a participar en diveresos certames literarios nos ámbitos do relato curto e a poesía, cos que leva obtido numerosos premios literarios, entre outros, o Díaz Jâcome de poesía, o Xaime Isla Couto, ou o Premio de Narración Curta do concello de Marín. No ámbito da novela gañou en 2012 o Premio de Novela Curta Concello de Negreira, e quedou dúas veces finalista do Premio de Novela por entregas de La Voz de Galicia. No ano 201 publicou a súa primeira obra. Nótase que é matemática pos titulouna " Universo Pitágoras ". A súa segunda obra ven da mano da Editorial Galaxia de título " O becho que quería comer á avoa "

Fragmentos de "Cuestión vitáis secretas" de Iván García Campos

Imagen
"Os alimentos, dicíannos: Teñen que tardar sete segundos en iren da boca ao estómago. Por isto non nos deixaban beber auga mentres comíamos, para non acelerar o proceso, diciannos. Podíamos beber auga antes ou despois, pero nunca mentres comíamos. Diciannos: Custa o mesmo adquirir un mal hábito ca un bo hábito. De vivirmos con orde, simplificamos moito os nosos quefaceres. Dicíannos. A orde e a pulcritude non son hábitos dos que debamos vangloriarnos, porque caquera persoa medianamente instruída é ordenada. Para eles todo era un deber ineludible. A idea de que un non debía facer nin menos nin máis do que debía facer. Viviamos entre o imposto e o vetado. Lembro os acenos de desacougo dos meus pais porque non acababamos de facer ben ou non facíamos a tempo isto ou aquilo, que podía ser algo novo ou algo ordinario. Eran cousas que pasaban perante dos nosos ollos. Afaciámonos a vivir con elas e non se nos ocorría facernos preguntas. Cortar o pan sempre antes de poñelo na mesa