"Fábula" de Xavier Alcalá

Tiven nas miñas mans un libro de título "Fábula" do escritor Xavier Alcalá, editado pola Editorial Galaxia e  está cheo de memoria. Memoria sobre a historia de España e a historia de Galicia tamén.

Esta novela publicouse por primeira vez en 1980 e recibiu o Premio Nacional da Crítica nese mesmo ano. Non é de extrañar que o recibira porque esta novela sin dúbida é diferente.

Situada na época da Transición española, a través da voz dos seus persoaxes remontarémonos na historia ata a Guerra Civil española, é durante a guerra onde se desenrolan todos os males que despois treaerán unha ringleira de vinganzas. Os feitos nárranse aquí dunha maneira orixinal, pois nalgúns intres o autor utilíza o xénero periodistico e por outros o relato novelado ou o relato en primeira persoa o que fará da novela en xeral unha historia axil e rápida de ler, e moi entretida.

Caciques, periodístas, políticos, traballadores,  matóns descerebrados e emigrantes que fuxen e volven co tempo, todos xúntanse aquí para demostrar de novo que a loita entre os dous bandos existe, a pesar do paso do tempo, e que as vinganzas seguiron adiante moito tempo despois de rematado o conflicto bélico.A historia baséase en feitos reáis e cando o autor escribiu o libro as testemuñas aínda sentían a rabia correr polas súas veas.

Este libro é un dos moitos relatos que existen na literatura que amosan que, en España, ainda hoxe non se queren destapar segredos inconfensables, verdades noxentas e capítulos oscuros da nosa historia. Ambos bandos mataron e erraron, e ambos deberían pechar capítulos e centrarse nos novos tempos nos que estamos que ben malos son, e non cometer os erros doutros tempos.

Xavier Alcalá xoga co lector, e faino sentir nuns intres un cacique enfermo, noutros un matón descerebrado, e noutros unha muller nova, traballadora e loitadora.Tamén serás unha clásica muller do seu tempo educada para casar e ter fillos, un politico xoven ou un periodísta con desexos de atopar as verdades dolorosas doutros tempos. Remataredes por coñecer os persoaxes principais perfectamente e sorprenderávos cando descubrades o misterio que agocha a historia.

Realmente este libro é unha incursión a Transición española en Galicia, o ambiente aparece moi ben reflectido, non só polos acontecementos en si, senón tamen porque a través dos pensamentos de cada persoaxe podes ver con claridade o pensamento e o sentimento do estamento ó que pertence cada un. Se a iso engades as descripcións de lugares e situacións pois o resultado é unha ambientación perfecta para un horrendo feito que se deu na vida mesma e que ainda hoxe doe. Sentiredes o odio, o medo, a envexa, a intriga, a dor, a doble moral dalgúns persoaxes e da sociedade, a maldade pura e dura, e veredes o pensamento arcaico da sociedade de eses tempos maquillada coa palabra democracia. Unha sociedade que quere progresar pero que aínda leva gravado na pel as actitudes dos tempos oscuros e que lle costa quitalos de enriba, que viven pendentes do que dirán, que aceptan con normalidade que un home teña amante máis non  aceptan que unha muller teña un fillo de solteira e non case co pai do cativo; ou un home moderno, político, sindicalista , que loita polos dereitos dos traballadores,a favor da democracia e das libertades  pero que agocha o embarazo da súa noiva ante a sociedade mentres non casa pola Iglesia con ela, para evitar o "qué dirán" da sociedade e tal vez para non perder a súa "imaxe" ante seus compañeiros de partido. Unha sociedade chea de contradiccións e de pensamentos rancios, unha sociedade rencorosa e vengativa.

Gustoume tamén como se trata o téma da prensa, do cuarto poder e a súa influencia na sociedade, nos gobernos. A censura sobre a prensa e os medios de comunicación por parte do goberno impedíndo a publicación daqueles artigos que din verdades molestas e que hai que retirar da circulación para que o pobo non o saiba e se lles vaian enriba, ou para que unhas votacións non xiren en contra o coñecer o pobo a verdade sobre algún feito de relevancia referente o ente que está no goberno ou na oposición. A manipulación que se pode realizar sobre a opinión pública segundo saia un artigo ou outro, e acadar un obxetivo ou outro por parte dos gobernos. A importancia de ter os periódicos a favor do goberno para contar as historias segundo conveña, e decir, a importancia da independencia da prensa.

Todo o libro, polo que conta e como o conta, chama a atención do lector, sobre todo sabendo que está basado en feitos reáis. Gustoume especialmente as formas tan distintas de pensar das mulleres que desfilan pola obra, dende a muller tradicional, casada co seu marido porque as circunstancias non lle puxeron outro mellor diante, muller de igrexa, sempre un paso por detrás do seu marido, a ama de casa perfecta sempre disposta a agradar o seu marido e a servirlo por pensar que ten "unha débeda de cariño con él"...fronte a outra muller totalmente diferente traballadora, con ideas políticas e comprometida coas súas ideas, cunha mente aberta e moito máis liberal...persoaxes totalmente opostos, formas diferentes de ver o mundo e de vivilo, mulleres que representan as vellas formas de vida fronte os novos tempos.

A min o libro gustoume moito, polo que conta, por como o conta, unha denuncia social do que se fixo e non se pode facer, unha demanda de xustiza para todos os que non a tiveron, un grito contra a intolerancia porque non se pode matar a outros por pensar diferente, por apoiar outras ideas, un libro que loita contra a censura da prensa ou de calquer outro medio e un canto a liberdade e a xustiza.

O tedes que ler¡¡


Comentarios

  1. Moi agradecido polo comentario. Os fillos da posguerra que nunca acabou vivimos esas realidades que seguen vixentes. Xavier Alcalá

    ResponderEliminar
  2. Grazas a ti Xavier por darnos a coñecer esas realidades que xente como eu non vivimos pero que temos que coñecer para non cometer esos erros tan graves nin hoxe nin no futuro e que ainda hoxe fan moito dano. Un saúdo e moitas grazas¡¡

    ResponderEliminar
  3. Pois non coñecía este libro pero o certo é que pinta fenomenal. Mirarei nas librerías e na bibliotecq da miña vila, a ver se o atopo.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas grazas por vir, estou segura que non te deixará indiferente porque o que conta é sorprendente como todo o que pasou naqueles tempos. Espero que te guste tanto coma a min. Un saúdo¡¡

      Eliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Fragmento de "Los últimos días de nuestros padres" de Joël Dicker

SANTIAGO DE COMPOSTELA EN LOS LIBROS

"O faro escuro" de María López Sández