Día das Letras Galegas 2016: Manuel María
Ó FALADOIRO chegan noticias de que no ano 2016 a Real Academia Galega dedica a Manuel María Fernandez Teixeiro o Día das Letras Galegas, e dicir, o 17 de Maio.
Manuel María naceu en Outeiro de Rey, Lugo en 1929 e morreu no ano 2004 na cidade de A Coruña. Foi poeta, dramaturgo, narrador caracterizado polo seu compromiso e pola súa loita pola defensa da lingua galega.
No ano 1943 trasladouse a Lugo, alí cursou o ensino secundario e alí comenzou a súa carreira literaria e participando nunha conferencia literaria coñeceu a Pimentel, Anxel Fole, Cunqueiro, Carballo Calero entre outros, e a través deles tomou contacto co galeguismo.
"Muñeiro de brétemas" foi o seu primeiro poemario, o autor so tiña dezanove anos, en 1950, o que faría del o poeta máis novo que publicaba en galego naquela época. Este poemario innauguraría a denominada "Escola da Tebra"
Trasladouse a vivir a Monforte de Lemos onde traballou como procurador. Casa con Saleta Goi.
Participou na reorganización política dos partidos nacionalistas galegos, na clandestinidade e que o leva a ser concelleiro no ano 1979.
A partir da década dos oitenta, a súa poesía acada unha expresión
máis íntima e humanista e nestes anos escribe e publica talvez o seu
máis rico corpus poético. Forma parte da Asociación Socio-Pedagóxica Galega e Asociación
de Escritores en Lingua Galega.
En 1998 Manuel María e
Saleta trasladan a súa residencia á cidade da Coruña, onde pasa os seus
últimos anos e onde manterá unha tertulia no Kirs.
Manuel María falece o 8 de setembro de 2004.
Obra poética:
- 1950, Muiñeiro de brétemas
- 1952, Morrendo a cada intre
- 1954, Terra Cha
- 1954, Advento
- 1957, Auto do taberneiro. 4 ventos
- 1958, Documentos personaes
- 1960, Sermón para decir en cualquier tiempo (en castellano)
- 1961, Auto do labrego. Céltiga, 4
- 1962, Libro de pregos
- 1962, Contos en cuarto crecente e outras prosas
- 1963, Mar Maior
- 1964, "A poesía galega de Celso Emilio Ferreiro", Grial, 6
- 1965, "As augas van caudales" Grial, 9
- 1966, "Os alugados" Grial 14
- 1967, "Raimon, poeta de noso tempo", Grial, 18
- 1968, Proba documental
- 1968, Os soños na gaiola
- 1968, Barriga Verde
- 1968, Noticia da vida e da poesía de Xosé Crecente Vega
- 1969, Versos pra un país de minifundios
- 1969, Versos pra cantar en feiras e romaxes
- 1970, Remol
- 1970, Canciós do lusco ao fusco
- 1971, A Rosalía
- 1971, 99 poemas de Manuel María
- 1971, O Xornaleiro a sete testimuñas máis
- 1972, Odas nun tempo de paz e de ledicia
- 1973, Aldraxe contra a xistra
- 1973, Informe pra axudar a alcender unha cerilla
- 1973, Laio e clamor pola Bretaña'
- 1973, Cantos rodados para alleados e colonizados
- 1976, Poemas para construír unha patria
- 1977, O libro das badaladas
- 1977, Poemas ó outono
- 1978, Catavento de neutrós domesticados
- 1979, As rúas do vento ceibe
- 1982, Escolma de poetas de Outeiro de Rei
- 1982, Versos do lume e do vagalume
- 1985, O camiño é unha nostalxia
- 1984, Cantigueiro do Orcellón
- 1984, A luz resuscitada
- 1986, Oráculos para cavalinhos-do-demo
- 1986, Ritual para unha tribu capital do concello
- 1988, As lúcidas lúas do outono
- 1988, Sonetos ao Val de Quiroga
- 1989, Saturno
- 1990, Cancioneiro de Monforte de Lemos
- 1991, Compendio de orballos e incertezas
- 1991, Hinos pra celebrar ao século futuro
- 1992, Panxoliñas
- 1993, Os lonxes do solpor
- 1993, Antoloxía poética
- 1993, A primavera de Venus
- 1993, Poemas a Compostela
- 1994, Cantigas e cantos de Pantón
- 1994, Poemas para dicirlle a dúas lagoas
- 1996, O Miño, canle de luz e néboa
- 1997, Sonetos á casa de Hortas
- 2000, Brétemas de muiñeiro
- 2000, Camiños de luz e sombra
Obra dramática:
- 1957, Auto do taberneiro
- 1961, Auto do mariñeiro
- 1970, Barriga verde
- 1976, Unha vez foi o trebón
- 1979, Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela
- 1979, Auto trascendental do ensino tradicional
- 1979, Farsa de Bululú
Outro gran escritor que tiña esquecido... O primeiro libro que lein for Terra Cha, ainda o teño pola casa, e algún máis que xa non recordo ben, así que a espabilar que hai moito que leer. O que si podo decir é que o pouco que pasou polas miñas mans deixoume moi bó sabor de boca. Unha vez máis gracias. Vicky
ResponderEliminarGracias a ti por vir ó blog. Como ves tes moito onde elexir para disfrutar coa lectura de Manuel María, seguro que atopas algo máis del que te gustará. Bicos Vicky, moitos moitos bicos.
Eliminar