Novidades Editorial Galaxia

Ola a tod@s,

Tedes aquí novidades interesantes do que o panorama da literatura galega nos deixa entre as novas achegas que aparecen no mercado a través da Editorial Galaxia, vai unha para coñecer vida e obra dalguén que moitos descoñecemos, outra para os pequenos da casa...e polo que eu vin para os que xa non somos tan pequenos tamén  e finalmente unha obra dunha nova escritora do panorama galego que fai o seu debut cunha obra que promete.. eu xa os teño no baúl das palabras.

"Barthes filósofo" de Luis G. Soto

Autor: Luis G. Soto
Editorial: Galaxia 2015
144 páxinas
ISBN: 978-84-9865-608-4
P.V.P: 14,40 € IVE incluído






Gañadora do Premio Ramón Piñeiro 2014, que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística da sunta de Galicia e Editorial Galaxia coa colaboración de Gas Natural Fenosa e o Centro Ramón Piñeiro.

O xurado valorou especialmente que o ensaio premiado faga unha interpretación, desde Galicia, da obra de Roland Barthes, importante autor cuxo legado está presente na cultura do século XXI. García Soto interpreta a produción bibliográfica de Roland Barthes como a dun filósofo auténtico, Argumentando a través da análise de cada unha das obras de Barthes, o ensaio debulla esa tese, en clave semiólóxica, na procura dun diálogo con quen le.

O ensaio Barthes filósofo comeza cunha achega á vida do autor, para ofrecer o contexto da súa obra. Esta é estudada, logo, percorrendo en orde cronolóxica todos os seus libros, cuxos contidos son expostos, analizados e interpretados. Así, trátase de modo sucinto e sintético do seu traballo de crítica literaria, do seu labor como semiólogo; do xiro estético arredor do "pracer do texto" e do seu rexistro máis próximo a ética.

García Soto conclúe salientando que neses catro dominios (a crítica, a ciencia, a estética, a ética), Barthes non está instalado na verdade, senón que a busca: ao modo dos filósofos clásicos, non a posúe, senón que a quere. Como aqueles, máis que ser sabio (ter o saber), é amante da sabedoría (perséguea, preténdea): filosofa, é filósofo..

"As máscaras do profesor Robindra " de Xoán Babarro González

Editorial: Galaxia 2015
Colección: Árbore ( a partir de 10 anos)
ISBN: 978-84-9865-617-6
P.V.P: 9,50 € Ive incluído

Para saborear 1001 contos!

Este é un libro dentro de moitos libros, ou son moitos libros dentro dun libro.
Como as Mil e unha noites, lemos unha historia que leva dentro a semente doutra.

Un líbro orixinalísimo.
Entra e verás


"Coma unha áncora" de Iria Collazo López

Editorial: Galaxia 2015
Colección: Costa Oeste
128 páxinas
ISBN: 978-84-9865-611-4
P.V.P: 11,10 Ive incluído



Esta novela é máis que unha historia mariñeira arredor dun naufraxio.

Sobre todo, é unha novela de amor. Esa clase de amor que viaxa máis aló das fronteiras, da lóxica e do que coidamos normal. Unha espectacular novela de debut dunha autora que esta chamada a protagonizar grandes páxinas na literatura galega. Neste libro atoparás momentos inesquecibles onde se manifestan o misterio e o inexplicable, mais tamén a vida con toda a súa forza, tanta, que vai por enriba da morte. Empezarás a ler e xa non vas poder parar. Prpárate para naugragar dentro dunhas páxinas cheas de feitizo...


Comentarios

Entradas populares de este blog

Fragmento de "Los últimos días de nuestros padres" de Joël Dicker

SANTIAGO DE COMPOSTELA EN LOS LIBROS

"O faro escuro" de María López Sández