viernes, 26 de junio de 2015

"Centro histórico de Vigo. Guía visual" de Basilio Cegarra


Ola a tod@s, aquí vos amoso unha novidade da Editorial Galaxia, de titulo "Centro histórico de Vigo. Guia visual", de Basilio Cegarra. Téñoo agora mesmiño entre as miñas mans, e non podo menos que quedar abraiada polo paseo que estou a comenzar polas súas páxinas e tamén polo Vigo algo olvidado xa na miña cabeza. A Editorial lévame de novo os comenzos do meu blog onde falaba dunha cidade relacionada coa novela que estaba a ler, e tráeme un mundo novo no meu blog, o mundo da cidade de Vigo, na provincia de Pontevedra.

Atoparedes aquí  un libro formidable, breve nas súas explicacións pero suficientes ao estar acompañadas de coloristas fotografías de todo o percorrido. Comenza o libro cunha breve presentación do casco vello de Vigo, un dibuxo da antiga muralla amáis doutros que reflicten  tamén distintos espazos da cidade, entre eles unha fermosa fotografía que ensina unha estampa costumista onde se pode ver os cidadáns daqueles tempos posando a dístancia para o fotógrafo, sen saber que serían famosos o saliren moooitisimos anos despois estampados nun libro...cousas da vida.

E así, co paso das páxinas, atopámonos na Fortaleza do Castro, magnífica co seu baluarte, os seus canóns e un impresionante mirador que non deixa indiferente a ninguén. Incribles esculturas e fontes, todo moi coidado, todo moi pensado para agradar, e atopamos o monumento os galeóns de Rande¡¡ Logo chegamos o Castelo de San Sebastián, enorme, tanto que para darte unha idea da sua forma o mellor é velo dende o ceo, máis non sempre se pode facer iso de voar, asi que este libro axúdanos cunha fermosa foto vista dende arriba. Arredor do castelo achamos un barrio cheo de recunchos onde edificios modernos mesturanse cos máis tradicionais da cidade, e entre os edificios atopamos o Centro  de Artesania Tradicional que nos amosa os oficios que se exercían naquelas rúas antigas do barrio, un centro onde pódese aprender a traballar coa madeira, a pedra ou o coiro en cursos que seguramente sexan moi interesantes. Veredes moitas plazas e rúas, currunchos, fontes, petos de ánimas, cruceiros fermosos, marabillosos arcos e soportáis onde tomar unha cervexiña, e uns edificios cuia arquitectura foi recuperada amosando así o máis fermoso dos antigos oficios, máis penso que o mellor é que vosoutros mesmos o vexades.


Non me deixa de sorprender os nomes das rúas, a cantidade de historia que agochan tras de si, e que non sabemos. Coñecemos os nomes dalgunhas rúas porque o seu nome indica un oficio, rúa Ferrería...supoño que os ferreiros terían un gran barullo nelas; rúas con nome de persoas, como a praza de Argüelles ou  a rúa de Fermín Penzol...e dende logo sacas a conclusión de que alguen importante debía de ser para ter unha rúa co seu nome, un alcalde, un importante ministro, un bibliófilo importante,  pero noutros casos, como a Rua da Cruz Verde, podes imaxinar que habería unha grande cruz verde...máis...quen iba a imaxinar que esa cruz verde existiu e que era a cruz da Inquisición...¡¡ Sorprendente¡¡ Imaxina ó Inquisidor paseando por esas rúas...ou facendo algunha das súas con algún cidadán inocente...terrible¡¡ A Bancada dos Contos onde sentaban a axustar os pagamentos xentes participantes no mercado próximo...Moita historia agochada por cada recuncho do centro histórico de Vigo que fai que mirar o libro sexa moi entretido e sorprendente e que te leve a desexar dar unha volta por esas rúas e coñecer máis e máis historias deses recantos.

Eu fun a Vigo fai dous anos, estiven no paseo de Afonso, vin a oliveira e apreciei as fermosas vistas que dende alí se obsevan da ría, era pola noite, verán, as circunstancias polas que viaxei alí non eran boas, pero non podo olvidar as vistas que naquela noite tiven diante de min da ría de Vigo, coñecín a Rua do Principe, pasei polo mercado da Pedra, vin o Hotel Universal, penso que pasei pola Porta do Sol. Gracias ó libro vin á luz do día aqueles lugares onde pasei a noite, e o libro amósame un Vigo difentente, un Vigo antigo cheo de modernidades e de curiosidades que me gustaria visitar e coñecer, un lugar onde non me importaría vivir.

Supoño que recuperar un casco prehistórico non pode ser tarefa fácil, recuperar un lugar feito noutros tempos sen que perda encanto, adecuar o que antes se fixo ós tempos de agora, facélo habitable, non pode ser unha tarefa que leve dous dias. E dous dias non levou levantar o casco histórico de Vigo, devolver a historia ós seus cidadáns e permitir que, sen perder esa historia, podan vivir neses recunchos con feitizo, é unha labor encomiable. En Vigo o conseguiron, aínda lles queda moito que facer, espacios por recuperar pero estou segura que cando remate aquelo vai ser un mundo diferente, un casco histórico onde vivir sexa moi grato para a xente dos novos tempos, un lugar con maxia.

A Editorial Galaxia trae de novo unha nova achega as nosas mans, un libro pequeno pero intenso, unha viaxe agradable ó Vigo histórico, un libro que se ve feito con agarimo. Un volume que a través de moitas fiestras, amosarávos un lugar con encanto e que vos distraerá un bo rato. Sin dar moitas explicacións deixa nos beizos un sabor agradable que fai que desexes ir a Vigo e explorar eses entornos. Deixa o mel nos beizos. Penso que é ideal para mirar con parentes de idade avanzada, xa que seguramente de cada foto sacarán unha aventura, un conto, unha anécdota ou vos falaran da xente doutro tempo, das costumes e usos do lugar, dos persoaxes "curiosos" e fazañas importantes que deixan unha sinal no corazón dos cidadáns.

Sin dúbida un libro para obsequiar a aqueles que fan moito que non van por Vigo e que naceron e viviron alí, para os que non naceron alí tamén é un bó agasallo porque sin dúbida lles deixará coa intriga de ver máis. Un libro para agasallar¡¡ Un libro para ter¡¡

2 comentarios:

  1. Eu son de Ferrol, e a última vez que visitei Vigo, quedei co regusto amargo dunha visita incompleta e quizáis algo triste polas miñas circunstancias persoais, pero despóis de todo o que acabo de ler, é unha cidade para visitar con calma, disfrutando de cada rincón, porque todos deben ser especiais. Encantaríame volver alí e recorrer esos lugares dos que fala o libro.E tamén encantaríame poder compralo, creo que merecerá a pena. Gracias. Vicky

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A min o libro sorprendeume moito porque non sabía que o centro histórico de Vigo estivera tan bonito nin que tivera tantas cousas interesantes para poder ver. Penso que é un libro fermoso para facer un agasallo a alguén que quera disfrutar de Vigo. Un saúdo lindiña¡¡

      Eliminar