"O meu pesadelo favorito" de María Solar

Aquí tedes o libro "O meu pesadelo favorito" da escritora e presentadora de televisión María Solar. Este libro foi editado neste ano 2015 pola Editorial Galaxia, e pertence a colección Árbore de dita editorial.

Este conto orixinal a máis non poder recibiu o Premio Lazarillo 2014 e ten unas ilustracións coloristas e divertidas feitas pola man de María Lires que abren camiño coas súas cores e formas ás aventuras e desventuras que o persoaxe principal desta obra vivirá a través dos camiños que a medicación amósalle na súa mente.

É un conto que non deixará indiferente a ningún neno que o teña nas súas mans. "O meu pesadelo favorito" é un libro pequeno, pero dunha gran axuda para os pais, porque a temática que toca é importante.

A cantidade de cousas diferentes e de persoaxes diferentes que poden aparecer nun sono. Todas elas enriquecen ó soño e o fan irrepetible e moitas veces inolvidable. Todos eses persoaxes teñen unha función, unha explicación da súa existencia. A través dos soños entendemos moitas cousas, e aquí, neste libro, María Solar, a través dos soños de Manuel léva ós nosos nenos a comprender a importancia da diferencia, da diversidade. 

A importancia de facer ver ós cativos que ser diferentes (por razon de raza, ou sexo, por a túa personalidade ou por o teu físico, polas túas crenzas ou simplemente pola túa ropa, ou por ter algunha enfermidade) non é malo. A diversidade é o que enriquece a sociedade, unha sociedade que necesita de esa diversidade, xa que gracias á xente que pensa diferente ou se comporta diferente a vida evoluciona. Foi a xente diferente a que fixo novos descubrimentos, abríu novas rutas ou creou novas formas de pensar, e todas elas xuntas fixeron que a humanidade avanzara. Eu penso que esa é a idea principal que quere aportar María Solar co seu conto " O meu pesadelo favorito", pero este pequeno conto, ademáis de ter unhas ilustracións preciosas de María Lires, tamén aporta outras ideas o longo do mesmo de gran interés. 

Así, a importancia de compartir cos demáis e a satisfacción que da, os problemas de contar mentiras, a importancia dos bicos, a importancia de ter amigos (aínda que sexan "raros"), a loita polos teus soños, as diferencias sociáis entre as persoas,  a explotación infantil ou incluso a loita pola protección das especies en extinción son abordados neste conto dunha maneira tenra e coidada que farán deste conto o favorito dos nenos.

Unha preciosidade de conto, "O meu pesadelo favorito" sin dúbida é un conto super recomendable e co que pasaredes uns moi bos intres, pola súa orixinalidade na forma de tratar témas tan serios e as veces tan díficiles de explicar a un neno, e polos persoaxes tan orixinaís que Maria Solar utiliza para levar os cativos da man por entre soños maravillosos. Para a biblioteca casera sen dúbida ningunha¡¡




Comentarios

Entradas populares de este blog

Fragmento de "Los últimos días de nuestros padres" de Joël Dicker

SANTIAGO DE COMPOSTELA EN LOS LIBROS

"O faro escuro" de María López Sández