Sabela González

Sabela González,  naceu en Burela en 1981 e non tardou moito en decidir que quería ser escritora. Mentres o soño agardaba entre ducias de cadernos, mudouse a Vigo e estudou Tradución e máis un máster en edición.

Na actualidade, traballa na Universidade de Vigo e conseguiu o gran logro de atopar tempo e dedicalo ao que sempre quixo: escribir. Bloguerira afeccionada, debuxante empedernida e poeta esporádica, comparte as súas creacións no blog Gramática de corpos.

Autora da triloxía  "As crónicas de Landereina", do que xa publicou os dous primeiros libros,  "Bágoa de lúa" e "Feitizo de sangue"e escribe nestes intres o terceiro e derradeiro libro

Déixovos enlaces a entrevistas coa autora de distintos medios para que a coñezades un pouquiño mellor:


Comentarios

Entradas populares de este blog

Fragmento de "Los últimos días de nuestros padres" de Joël Dicker

SANTIAGO DE COMPOSTELA EN LOS LIBROS

"O faro escuro" de María López Sández