Novidades da Editorial Galaxia

Por aquí os deixo novidades da Editorial Galaxia  que tal vez os podan interesar.

O faro escuro de María López Sández


Autor: María López Sández
O faro escuro
Colección LITERARIA
Editorial Galaxia 2015
136 páxinas
PVP 13 € Ive incluído
MISTERIO E ENIGMA VITAL

Publícase O faro escuro, novela que combina investigación, misterio e enigma vital. A historia contada por María López Sández coloca tres personaxes perante situacións nas que deberán tomar, nunhas poucas horas, decisión trancendentais. Dúas mulleres. Un home. Tres xeitos distintos de decidir e actuar. O faro escuro explora, a través dos mecanismos da intriga e a violencia propios a novela policial, o peso da intuición e da razón na súa íntima relación coa construción dos preconceptos de xénero.

Unha brillante e atractiva xornalista, Catalina Moscoso, desaparece misteriosamente sen deixar rastro. A inspectora Neira, que se encarga do caso e coñeceu a Catalina anos atrás, durante a investigación duns  asasinatos en serie na Costa da Morte, sente que se acaba o tempo e que a vida da famosa xornalista depende dela.

A gañadora do Premio Repsol con A forma das nubes recunca na novela breve, condensada e intensa. Ao empregar axeitadamente o simbolismo espacial da illa, e máis particularmente do seu faro, encarna habilmente a suspensión do real, xa que se trata de lugares fóra do tempo nos que, como ocorre coas decisións que toman os persoaxes, cada pormenor adquire unha enorme relevancia e repercute de xeito decisivo no desenlace. Por iso a illa expresa, mellor ca ningún outro elemento, a soidade de todos os personaxes; por iso o faro actúa, simultaneamente, como guía e advertencia, como símbolo do anhelado e do temido, como esperanza e ambición, ou como destrución e naufraxio.

María López Sández (Lugo, 1973) é doutora en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerce a docencia no ensino secundario no IES Xulián Magariños (Negreira) e é profesora asociada de Didáctica da Lingua e a Literatura na Facultade de Ciencias da Educación da USC. En 2007, foi galardoada co Premio Ramón Piñeiro de ensaio pola obra Paisaxe e nación: a creación discursiva do territorio e, en 2012, co Premio Repsol de Narrativa Breve por A forma das nubes. Ambos os libros publicados pola Editorial Galaxia.


A cicatriz branca de Margarida Ledo






Autor: Margarida Ledo Andión
A cicatriz branca
Libro+película
Editorial Galaxia
PVP: 20  € Ive incluído
ISBN 978-84-9865-582-7






A NOVA PELÍCULA DUNHA DAS MÁIS IMPORTANTES CINEASTAS GALEGAS DE TODOS OS TEMPOS


 Na primeira metade do século XX, milleiros de mulleres saíron soas de Galicia cara a América. Moitas delas eran ilegais, con papeis que falsificaban a súa idade e mesmo a súa identidade. Historias ordinarias como a de Merce, destinada a servir e, entre lusco e fusco, despedida. 
 Sen lugar onde ir nin a quen acudir, Merce pasa tres días e tres noites encrequenada na Estación Constitución onde a súa vida entrenza coa de outras migrantes. A par dun traballo na fábrica Mil8, Merce casa, asiste a clases de contabilidade nalgunha das Sociedades Galegas máis un bo día a norma esnaquiza por algo tan simple como prendarse dunha situación que aínda non é quen de nomear.

MARGARIDA LEDO ANDIÓN. BIOFILMOGRAFÍA.

Poeta e escritora, da súa novela Porta Blindada sae a personaxe masculina central do filme A cicatriz branca; investigadora e autora de obras sobre cinema autoral como Cine de fotógrafos (2005), Premio Espais d'Art Comptemporani; cineasta experimental en Illa (2009) ou en Cienfuegos, 1913 (2009); axitadora política e feminista, fai dialogar todo o que na historia ficou sen desenvolver nos seus documentarios Santa Liberdade (Galiza/Brasil/Venezuela, 2004) e en Liste, proninciado Líster (Galiza, 2005), para desenvolver proxectos académicos en torno ás pequenas cinematorafías, as políticas da diversidade e os novos modos de consumo cultural.
É catedrática de Comunicación Audiovisual da USC, numeraria da Real Academia Galega, preside e co-preside diferentes asociacións científicas locais e internacionais no eido das ciencias da comunicación, e coñeceu o exilio durante a ditadura franquista.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Fragmento de "Los últimos días de nuestros padres" de Joël Dicker

SANTIAGO DE COMPOSTELA EN LOS LIBROS

"O faro escuro" de María López Sández