Fragmento de "Tes ata as 10" de Francisco Castro

" Evidentemente, aquel reportaxe non podia pasar a censura do réxime ditatorial de Franco. Porque aqueles entolecidos eran parte do réxime. Moi probablemente a policía sabía, como chegara a saber meu pai, quen estaba detrás daquel incendio que o xornal cualificara de accidnetal -esa era a versión oficial que se lle daría dende os bombeiros ou a policía ao periódico, a única versión que a censura autorizaría publicar- e que, como se vía, non o fora en absoluto. Case que con toda seguridade, e a pesar de sabelo, a policía non movera un dedo para dar cos culpables. No fin de contas, naquela época abundaban os grupos paramilitares de ultras e fachas de todo tipo, xente moi violenta que, en nome dunha absurda idea do que tiña que ser o país, cometían toda clase de barbaridades coa permisividade das autoridades, que miraban para outro lado. A oposición democrática si que era perseguida e preprimida. Os afíns á dictadura andaban ceibos polo país adiante convencidos -e dalgunha maneira así era- de que podían facer o que lles petase e que nada lles había pasar, pois considerábanse donos da razón, da verdade e, incluso, amparados por Deus nas súas accións, por bárbaras que fosen. Non era estraño que escollesen unha cruz como símbolo. No fin de contas, nas pesetas -a moeda española daquel tempo- dicíase que o xeneral Franco era Caudillo de España " pola gracia de Deus" .

A reportaxe, inzada das declaracions bárbaras daqueles tres, ofrecía dende o primeiro parágrafo unha radiografía brutal da barbarie. O grupo declarábase na entrevista, "disposto a todo", e repetían en distintos momentos que a "orde" en España había que mantela a calquera prezo e que non se podía consentir  a "dexeneración da Patria". Criticaban, tamén a "man branda" das autoridades da época cos que "odian España". Meu pai, dende logo, deixáraos falar a gusto e  non se cortara á hora de transcirbir todos aqueles disparates. "

Comentarios

Entradas populares de este blog

Fragmento de "Los últimos días de nuestros padres" de Joël Dicker

SANTIAGO DE COMPOSTELA EN LOS LIBROS

"O faro escuro" de María López Sández