"A cicatriz branca" de Margarita Ledo Andión

Aquí tedes o que a miña visión de  "A cicatriz branca", libro-cinema feito por Margarita Ledo Andión, publicado pola Editorial Galaxia, unha caixa de sorpresas¡¡

Visto así, tres mulleres facendo equilibrios, "exercicio físico- pensei eu- non tiña nin idea¡¡" Dinlle a volta o libro, leín e entón comprendín, decidin que primeiro ía vela película, logo leería o libro e finalmente buscaría máis información sobre o téma no San Google, como dí a miña amiga Ana. E así fixen.

Recoñezo que ó comenzo da película, os nove primeiros minutos penséi que a seguinte hora ou hora e media (non o sabía), iba a ser calquera cousa menos entretido, porque neses intres todo ou case todo foi en silencio. O rematar a súa visión vexo unha pelicula con moitos silencios, e  diálogos escollidos pero unha película con moito contido. Un filme simbólico, todo ten un significado ainda que non o pareza, unha mistura de ficción e documental.

Cando te das conta estás atrapada na historia de Merce (interpretada por Eva Veiga), unha muller galega que emigra a Bos Aires, e que con poucas palabras dí un feixe de cousas, revela unha verdade oculta, tapada durante moitos anos. Filmada entre Buenos Aires e Galicia, feita por galegos e para galegos, "A cicatriz branca" é unha película feminista e reivindicativa, un filme denuncia.

Guerra civil española, as mulleres do campo galegas emigran para buscar mellor sorte a outros países, Latinoamérica ou Europa son os seus destinos maioritariamente. Aquí desvelarase o verdadeiro trato que moitas delas recibiron dos cidadáns que as contrataron neses países, infernos ocultos e vividos en silencio por esas mulleres traballadoras, que foron tratadas inxustamente como campesiñas incultas e torpes. Unhas sociedades que pensaban que podían utilizalas  para calquera cousa, e que as levaron a situacións de  prostitución, abusos sexuais, cun control férreo absoluto por parte dos seus patróns que esperaban delas a obediencia absoluta en absoluto silencio. Son mulleres que pouco a pouco a forza de calar e traballar naquelas condicións foron quedando encollídas e sin autoestima, destrozadas e con feridas nos seus corazóns nunca curadas.

Baseada na vida de Mercedes Mendez Fouz, atoparedes unha película moi simbólica como díxen, unha das primeiras imaxes simbólicas  a súa portada...esas mulleres facendo equilibrios e cabriolas no aire, onde dúas agarran a outra é un símbolo bastante claro do que supuxo a emigración, mulleres sóas axudadas por outras mulleres.
Outro símbolo é o cadro de Diaz Pardo dunha muller galega cun feixe de cousas sobre a súa cabeza coa lenda "... cousas que pode precisar na vida" entre elas unha máquina de coser, as galegas eran mulleres "incultas" pero que todas sabían coser, e alí moitas delas traballaron nas fábricas de costura, ou como costureiras ou axudantes de costureira entre outras moitas labores que levaban a cabo, ainda que tamén traballoron de coidadoras de nenos, de anciáns, como mulleres no servicio doméstico..... e que en moitos casos derivaron noutras cousas... as famosas "mucamas".

Un terceiro símbolo que di moito para min, é un fragmento dunha serie creada na televisión cubana de nome "Cándida". Cándida era unha criada galega pobre e inculta que traballaba en Cuba. Unha serie de corte cómico onde a imaxe da muller galega que traballaba no exilio non salía moi ben parada, era ridiculizada e caricaturizada, e mostraba claramente a imaxe e o sentimento que tiña a sociedade cubana con respecto a estas mulleres. Esta serie criticouse moito naqueles tempos polos sectores galegos da emigración e especialmente por Fuco Gómez, que no seu periódico mensual e bilingüe Patria Galega, editado na Habana, critica a sociedade cubana por mostrar esa visión inxusta das mulleres galegas, pero tamén criticaba a todos aqueles catedráticos e profesores compatriotas nosos que rían a gargalladas coas aventuras e desventuras de Cándida, sen pararse a pensar no desprestixio e o insulto que esa serie supuña para as nosas mulleres. O feito de saltar ata Cuba coa película "Candida" reflexa o feito de que esta actitude inxusta faciase extensible a todos ou case todos os países donde a muller galega ía traballar.

Unha referencia a Antón Moureda un dos fundadores das Mocidades Galeguistas en Bos Aires e traballador da Editorial Galaxia  e a quen Margarita Ledo entrevistou pouco antes de morrer no psiquiátrico de Castro de Rei e que nos apunta hacia outra obra de Margarita "Apuntamentos para un filme", onde se recollen as testemuñas de algúnhas de estas galegas emigrantes, e que foi a base ou o punto de partida que levou a creación desta filme " A cicatriz branca".

Atoparedes moitas cousas nas que fixarvos, moitos símbolos, moito que analizar, máis non o desvelo todo porque asi non vos vai ter gracia vela. Veredes unha flime con saltos entre a vida de Merce e esas imaxes simbólicas nun ir e vir que reflexa a forma de vida que levaba a muller emigrante alí. Unha vida sin acougo.

Sorprendente, reveladora, innovadora, feminista, reivindicativa e moi orixinal na súa forma de plantear a historia veredes un filme que non vos deixará indiferentes, e que ten no pequeno libro que o acompaña o complemento ideal para entender a fonda mensaxe que nos manda Margarita ledo con este libro-cinema. Unha actuación dos actores que a min gustoume moito, algúns deles polulares e coñecidos actores da televisión. A actuación de Eva Veiga no papel de Merce, é extraordinario, ves perfectamente o sentimento encontrado, confuso da protagonista principal, e Lino Braxe, que fai aqui dous papeles importantes totalmente contrapostos con grande maestría, vés con claridade a diferencia de actitud e de ser do patrón e do marido.

Para mi é unha película que aínda que conta un episodio do pasado, amosa unha historia  totalmente aplicable a vida actual, unha representación de calquera muller, sexa galega ou non, que sae a traballar fora do seu pais natal. Máis digo eu...hoxe temos moitas ferramentas que nos protexen, moitas formas de denunciar este maltrato laboral, pero aínda hoxe, en moitos paises as mulleres seguen estando desprotexidas como estaba Merce naqueles intres, e aínda habendo ferramentas de protección para as mulleres, moitas seguen sen denunciar por medo, ou as leixes teñen lagóas legáis que as deixan desprotexidas, e a forma de amosar as veces o maltrato e o abuso laboral ante os xuices é tan dificil que deixa a muller nunha situación complicada.

A Cicatriz Branca, é unha crítica do que pensan moitos cidadáns ó longo de todo o mundo sobre as persoas que veñen a traballar para eles dende fora do seu país, e que pensan que os emigrantes son mano de obra barata da que podes dispor ó teu antollo, obxetos de intercambio, esclavos dos que disfrutar e cos que traficar. Persoas que utilizan ferramentas como as ameazas coa deportación ou o arresto, ameazas con non pagarlle ou despedilas, insinuar que lle poden quitar os seus fillos, encerralas con chave na casa para que non saian, pegarlles, forzarlas, insultalas, impedirlles falar coa súa familia, obrigarlles a traballar en malas condicións, sen descansos, se darlles de comer...dispor das súas vidas como si fosen bonecas...e todo isto no máis absoluto silencio por parte delas.

 É un reflexo dos sentimentos de eses emigrantes, de esas mulleres desprotexidas, confundidas, asustadas, indignadas, ofendidas, máis tamén é unha mostra do loitadoras e duras que son, porque a pesar de se enfrontar a situacions brutáis, caeron, levantáronse e seguiron adiante, formando familias e axudando co seu esforzo e traballo a levantar ó país que as acolleu, a pesar de que non as tratou da maneira digna e respetuosa que merecían por seren persoas...máis outras, outras non o superaron. Neste caso, a cuestión doe mais, porque son as nosas mulleres, mulleres galegas, a nosa nai...ou a nosa irmá as que o sofren .

Un reflexo do novo cine galego, que aposta por novas formas de acometer un filme, xogando con silencios e a duración dos planos, os xestos, os símbolos, a ambientación do filme, a súa música, todo dí algo e axuda a misión reivindicativa e de denuncia da Cicatriz Branca. Unha película que analiza un problema pero tamén unha filme que fai sentir. 




Comentarios

Entradas populares de este blog

Fragmento de "Los últimos días de nuestros padres" de Joël Dicker

SANTIAGO DE COMPOSTELA EN LOS LIBROS

"O faro escuro" de María López Sández