Novedades da Editorial Galaxia

Ola¡¡

Tráiovos un libro "Feitizo de sangue", da triloxía "As crónicas de Landereina" da escritora Sabela González. Un libro da Editorial Galaxia, concretando, o segundo libro da triloxía, e que chega ás librerías fresquiño fresquiño.

Feitizo de sangue

Editorial: Galaxia
Colección: As crónicas de Landereina
264 páxinas
Rústica con lapelas
13,00€
ISBN: 978-84-9865-580-3
Data publicación: Xaneiro 2015
1ª Edición
1ª Impresión

"En Svörie, a illa dos sabios, descubrián os segredos da súa montaña, do seu poder e, tamén, de como o pasado uniu o destino dos Gheiroez e do malvado Wiasmau

Mentres a malvada man que pretende facerse co control do reino segue xuntando as partes da Pedra da Lúa grazas ao sangue de Ohn, príncipe de Landereina, Berenguela e Güenaela deixan atrás o bosque de Etlual para partir na procura do terceiro feitizo, o que destruirá para sempre a maxia do poderoso amuleto."

Déixobos aquí información sobre o primeiro libro de dita colección por si vos interesa.


 Bágoa de Lúa

Primeiro libro da triloxía "As crónicas de Landereina"

Editorial: Galaxia
Colección: As crónicas de Landereina
232 páxinas
Rústica con lapelas
13,00 €
ISBN: 978-84-9865-487-5
Data publicación: Outubre de 2013
1ª Edición
2ª Impresión




PREMIO II MUÍÑO DO VENTO 2014 AOS MELLORES TEXTOS DE CONTRAPORTADA

Durante corenta anos, Landereina sufriu baixo o poder do malvado Wiasmau. O reino xa está recuperado, pero a historia está a piques de se repetir, a menos que alguén consiga destruír a poderosa Pedra de Lúa.
Nunha pequena cabana, nunha praia esquecida do mundo, Berenguela descubrirá que o seu destino é moi distinto ao que sempre pensara. Descubrirá que salvar o reino pode estar nas súas mans.
Ao sur das grandes montañas Kaii e da cadea Sophesiw esténdese o reino de Landereia, unha terra na que conviven amazonas, druídas, ananos e bandidos, sucada polo escuro bosque de Etlual, fogar de centauros e elfos. Landereina vive en paz grazas ao goberno da dinatía dos Gheiroez. O rei Bogardo segue a esforzarse en reconstruír o reino, igual que o fixeron os seus antepasados dende que Argun II lograra derrotar o malvado Wiasmau, quen durante décadas tiranizara as súas terras grazas ao poder da Pedra de Lúa. Pero a felicidade en Landereina está en perigo de novo: o exército escuro dos kaihunn avanza polas vilas baixo as ordes dun novo e descoñecido tirano que busca destronar os Gheiroez e facerse coa Pedra de Lúa e, con ela, co poder sobre Landereina.

Comentarios

  1. Ten moi boa pinta, non teño nenos na casa pero sempre hai amigas que os teñen, pero o que me gustaría saber é para que idade está recomendado, e unha dúbida que teño sempre, Tal vez podas axudarme. Un saludo, Vicky

    ResponderEliminar
  2. Ola Vicky, estes libros en particular forman parte da literatura xuvenil, así que penso que non terás problema para facer un bonito agasallo con eles. Un saúdo ¡¡ Un bico¡¡

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Fragmento de "Los últimos días de nuestros padres" de Joël Dicker

SANTIAGO DE COMPOSTELA EN LOS LIBROS

"O faro escuro" de María López Sández