viernes, 20 de febrero de 2015

Mergullarse na literatura infatil e xuvenil galega

Déixovos pequenos tesouros da literatura infantil e xuvenil que teñen unha pinta moi atractiva e divertida. Penso que son bos agasallos para a nosa xuventude, e dende logo non deixan indiferentes. Algúns deles recomendados por dos ananos parlanchines

"Escarlatina, a cociñeira defunta" de Ledicia Costas

Editorial: Xeráis
Papel
14x19 cm
Rústica cosido a fio
176 páxinas
ISBN: 978-84-9914-739-0
Código: 1343238
12,50 €
Setembro 2014


3ª edición - Premio Merlín de Literatura Infantil 2014 - Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Infantil 2014 -Premio Fervenzas Literarias á Mellor Portada de LIX 2014

Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés. A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén coa axuda dos funguiños: os seus terroríficos esbirros. Unha ducia de moi gorentosas e larpeiras receitas, as máis sabedeiras do mundo dos vivos e dos mortos, dan paso a cada un dos bocados desta historia de humor macabro que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo mundo da cociña.


 "Gato Guille e os monstros" de Rocio Martínez

Editorial: S. L Kalandraka Editora
Tapa dura
40 páxinas
22x22 cm
ISBN: 978-84-8464-555-9
13,00 €

Gato Guille estaba xogando na súa habitación. De súpeto escoitou un ruido estrano: Fiiiuuuuu fiiiuuuu... Asustouse moito e saiu correndo

 Na casa de Guille óense ruídos estraños e ata a súa propia mamá está asustada. Pero Guille atopa a fórmula para desenmascarar os medos.

 " Boas noites" de Paula Carballeira.

Editorial: Xeráis
Tapa dura
80 páxinas
ISBN:  9788497825771
14,75 €

 Xiana, a protagonista de “Boas noites”, non ten tempo nin para pensar, moito menos para xogar ou para soñar. E se non dá pechado os ollos pola noite, Pedro Chosco non pode facer o seu traballo, que é acabar cos medos... Os áxiles diálogos desta peza, a orixinalidade na elección do tema, o estrés infantil, un arg umento contemporáneo abordado seguindo a tradición fantástica, valéronlle a Paula Carballeira o primeiro premio Manuel María convocado polo IGAEM de Literatura Dramática Infantil do ano 2006.


No hay comentarios:

Publicar un comentario