sábado, 14 de febrero de 2015

Frangmento de "Xente ao lonxe" de E. Blanco Amor

" Sin máis toques de cornetín, os cabalos galloparon por enriba da xente; logo recuaron, sempre co tenientiño a carón; botaron pé a terra e fixeron dúas descargas seguidas, cerradas, a queimarroupa.

Cando o xentío se esparexeu quedaron nas lousas nove mortos e trinta feridos.

Entre os mortos estaba unha muller moza, preñada xa pra parir, e asegún despois se soupo, o home entoleceu. Na face dun santo de pedra da Orden Bieita, na fachada apareceron escochados unos miolos.En todo o adral o sangue ía escoando polas rendixelas das lousas.

Os mortos quedaron alí até que chegou o xuez o día seguinte. As campás de toda a parroquia e doutras que dende alí non se ouvían, tocaron a morte dous días coas súas noites, até que os enterraron.

 Os xendarmes entraron ao solpor na cidade, co tenientiño ao frente, sin unha ferida, sin un croque de pedra, sin un arrabuñazo, cos uniformes ben cepillados, cos amarelos do correaxe como acabados de pintar, e fóronse á casa cuartel da Praza de San  Cosme a cear quente e a dormir coas súas mulleres. O deber ten isas mágoas, que se lle vai facer..."

Sobre a matanza de Oseira, fragmento retirado da novela Xente ao Lonxe polos censores, por ter connotacións de carácter político. Basado en feitos reais

2 comentarios:

  1. Unha soa palabra: impresionante!!! Vicky

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pues cuando leas el libro, mas impresiones que te vas a llevar.¡¡

      Eliminar