Francisco Mantecón. Paixón e cálculo

Aquí tedes a portada do libro que Editorial Galaxia edita con motivo da exposición "Francisco Mantecón. Paixón e cálculo", un proxecto de Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre para o MARCO, Museo de Arte Contemporáneo de Vigo e a Fundación Luis Seoane.

Precioso regalo que chegou as miñas mans e que me sorprendeu, pola información que me aportou e pola calidade do mesmo. Teño que recoñecer que non entendo de pintura, teño os coñecementos básicos neste fermoso arte, e a chegada deste libro fixo que me aproximara a obra deste artísta e diseñador Francisco Mantecón dunha manera grata.

É este libro unha recopilación e unha reflexión sobre as pinturas de Mantecón (1948-2001) na súa etapa de maior madurez artística, levada a cabo entre as décadas dos 80 e 90. Na exposición reúnense un centenar das súas obras procedentes de coleccións institucionais e préstamos particulares. Obras que rompen coa moda imperante naqueles tempos, construídas matemáticamente, no que as formas xeométricas toman o protagonismo, e van mutando a súa apariencia dende as formas máis simples ata chegar a unha conxunción de elementos geométricos que se transparentan, se superpoñen e se chean de cor. Logo, as formas se descolocan, fan amago de fuxir do lenzo ou parecen romper en anacos, e sempre xogando cos materiais, acrílicos, lápiz, pastel, papel ou tea.

Gracias as excelentes fotografías (Enrique Touriño Marcen) das obras de Mantecón, podemos ver a evolución das pinturas ó longo de toda esta etapa de madurez, o cambio nas cores e como o pintor vai obrigando ó espectador a cambiar o punto de atención nas súas obras dende o máis externo do lenzo ata que, no final de toda a súa obra,  Mantecón empuxa a nosa mirada cara ó centro do cadro e nos sorprende con novas formas redondas que indican un cambio de tendencia na construcción da súa arte.

Evidentemente non poderedes ver no libro todas as súas pinturas, para eso tedes que  ver a exposición en MARCO (Museo de Arte Contemporáneo de Vigo), pero o longo das súas 139 páxinas, sí veredes unha pequena representación delas, así como unha pequena mostra dos seus traballos como deseñador gráfico que fixo para a Editorial Galaxia, como as portadas para o libro de Álvaro Cunqueiro "Merlín e familia" ou a do Diccionario Escolar Galego entre outras.

Toda esta percepción e evolución da obra, tamén a percibes grazas as aportacións de distintos autores como Francisco Sampedro, Antonio Doñate & X, Carlos Hidalgo, Monolo Figueras, Victor Mejuto, Roque Lazcano Vázquez, Mar Vicente, Manolo Moldes así como os comisarios da exposición, os directores del MARCO e a Fundación Luis Seoane. Entre todos, nos mostran a figura de Mantecón e a súa traxectoria artística. O remate do libro atoparedes una sección de entrevistas en distintos medios que lle fixeron a Francisco Mantecón no que expresa o seu pensar e o seu sentir.

Penso que este libro está enfocado a persoas interesadas e versadas no arte da pintura. É un libro escrito por expertos na materia, así que atoparedes un vocabulario especifico con términos propios do mundo da pintura. A min nalgúns momentos, dado o meu limitado coñecemento deste mundo do abstracto e do constructivismo,  teño que recoñecer que me costou entender algunhas expresións que utilizan para describir os fundamentos e as finalidades deste tipo de pintura contemporánea, máis penso que aínda así, conseguin entender o impacto e a importancia da obra de Mantecón no mundo artístico español e galego, e ver a súa evolución. Tamén teño que reconocer que mergullei un pouco pola rede para coñecer como funcionan as tendencias abstractas do constructivismo e poder entender mellor a obra e e a vida de Mantecón.

O que teño claro, e que despois deste regalazo, e da miña incursión na arte abstracta do constructivismo, non dubido que no mes de xuño irei a ver a Exposición a Coruña si ou si. Sin duda é un libro interesante que a pesar de ser unha temática un pouco complicada de entender para os que descoñecemos o téma, cumpre co obxetivo de informar e formar, e gracias o seu formato de calidade, a súa maquetación coidada podes  apreciar as  pinturas de Mantecón dunha maneira moi agradable e nítida.

E ainda teño maís cousas que contarvos, que sepades que este libriño é un complento da Exposición "Francisco Mantecón, paixón e cálculo" que se está a celebrar no MARCO, Museo de Arte Contemporáneo de Vigo, dende o 23 de Xaneiro ata o 31 de mayo do 2015. E a partir de xunio deste ano atoparedes esta exposición na Fundación Luis Seoane, na Coruña
E aínda por riba de todo esto, deixovos enlace para que podades coñecer a biografía e ver as obras de Francisco Mantecón.

Esta obriña, a podedes mercar, para disfrutala ou regalala, no MARCO (Museo de Arte Contemporáneo de Vigo) e tamén en librarías.

http://franciscomantecon.eu/castellano/biografia/biografia.php
 http://www.editorialgalaxia.com/catalogo/libro.php?id_libro=0010340108
http://www.marcovigo.com/es/content/francisco-mantec-n-paix-n-e-c-lculo

Comentarios

Entradas populares de este blog

Fragmento de "Los últimos días de nuestros padres" de Joël Dicker

SANTIAGO DE COMPOSTELA EN LOS LIBROS

"O faro escuro" de María López Sández