miércoles, 18 de febrero de 2015

Eduardo Blanco Amor

Nacido en Ourense un 14 de Setembro de 1897, a súa educacion foi bastante autodidacta aínda que tamén recibiu unha grande influencia de Vicente Risco na Escola Normal. Con dezasete anos traballou de secretario de dirección en El Diario de Ourense. 

No ano 1919 emigrou a Arxentina, Bos Aires, onde continuou a súa formación e desenrolou alí unha grande actividade periodística como director da revista Céltica, do periódico da Federación de Sociedades Gallegas e da revista literaria A Terra, revista ésta última da que foi cofundador con Ramiro Isla Couto.

Posteriormente ingresaría no diario La Nación, onde coñecería  a grandes autores como Borges, Sábato ou Horacio Quiroga, e da man deste diario volvería de novo a España, e aquí traballaría como corresponsal. Nesta época coñeceu a Castelao e tomou contacto co Partido Galeguista e co Grupo Nos. No ano 1933 ingresaría como encargado de redacción na revista Ciudad, en Madrid, e foi neste tempo cando contactou coa Xeración do 27 da literatura española coñecendo a García Lorca.
Antes de deixar América, publicou A Esmorga (1959), unha ruptura das tendencias costumistas e populares da literatura galega na que se introducen técnicas como a redución temporal, o tremendismo, a plasticidade cinematográfica no ritmo ou as perspectivas suburbanas. 

A súa traxectoria teatral comezou durante a Guerra Civil. Mentres impartía clases de lectura e dicción, fundou as compañías Teatro de Cámara El Tinglao e Teatro Popular Galego, que puxo en escena obras de Lugrís Freire e do propio Blanco Amor, entre outros. 

O autor retornou a Galicia o 16 de xaneiro de 1965, converténdose, ao longo desa década, nunha figura emblemática do teatro independente e continúa afondando nas posibilidades da narrativa moderna. No ano 1962 publicou Os biosbardos, un conxunto de sete relatos en primeira persoa con protagonista e narrador infantil distinto en cada historia. Encontramos, ademais, temas recorrentes na obra de Blanco Amor: a dificultosa relación co pai ou a sufridora figura materna. 

Tras publicar unha nova edición d'A Esmorga (1970), viu a luz a extensa novela Xente ao lonxe (1972), onde retrata a estratificación da sociedade urbana de Ourense. A partir de entón, centrou a súa produción no teatro: Farsas para títeres (1973) e Teatro pra a xente (1975).

Ademais da literatura, tamén foi fotógrafo afeccionado. As súas máis de 3.000 imaxes consérvanse no arquivo da biblioteca da Deputación de Ourense. ( A Editorial Galaxia recupera  a obra fotográfica de Eduardo Blanco Amor coa publicación de "A ollada do desexo. Obra fotográfica 1933-1973" . )

Blanco Amor finou en Vigo o 1 de decembro de 1979 e foi soterrado no cemiterio de San Francisco, en Ourense.

Obra en gallego:

Os Nonnatos (narrativa, 1927)
Romances galegos (poesía, 1928)"
Poema en catro tempos (poesía, 1931)
A escadeira de Jacob (narrativa, inconclusa)
Cancioneiro (poesía, 1956)
A esmorga (prosa, 1959). Traducido al español: La parranda (1960).
Os biosbardos (cuentos, 1962). Traducido al español: Las musarañas (1975)
Xente ao lonxe (narrativa, 1972). Traducido al español: "Aquella gente..." (1976)
Farsas para títeres (teatro, 1973)
Teatro pra xente (teatro, 1974)
Poemas galegos (poesía, 1980)
Proceso en Jacobusland (Fantasía xudicial en ningures) (teatro, 1980)
Castelao escritor (Ensayo 1986)
A Contrapelo (Ensayo, 1993)

Obra en castellano:

Horizonte evadido (poesía, 1936)
En soledad amena (poesía, 1941)
La catedral y el niño (narrativa, 1948)
Chile a la vista (ensayo, 1950)
Las buenas maneras (ensayo, 1963)

No hay comentarios:

Publicar un comentario