Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2015

Mergullarse na literatura infatil e xuvenil galega

Imagen
Déixovos pequenos tesouros da literatura infantil e xuvenil que teñen unha pinta moi atractiva e divertida. Penso que son bos agasallos para a nosa xuventude, e dende logo non deixan indiferentes. Algúns deles recomendados por dos ananos parlanchines "Escarlatina, a cociñeira defunta" de Ledicia Costas Editorial: Xeráis Papel 14x19 cm Rústica cosido a fio 176 páxinas ISBN: 978-84-9914-739-0 Código: 1343238 12,50 € Setembro 2014 3ª edición - Premio Merlín de Literatura Infantil 2014 - Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Infantil 2014 -Premio Fervenzas Literarias á Mellor Portada de LIX 2014 Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina,

"Xente ao lonxe" de Eduardo Blanco Amor

Imagen
Ola ¡¡ Aquí tedes a miña derradeira lectura, o libro " Xente ao lonxe " do escritor Eduardo Blanco Amor . Editado pola Editorial Galaxia corenta e dous anos despóis da súa primeira impresión. Lín este libro fai uns vinte e tres anos, e xa daquela me pareceu un libro incríble a sabendas de que lle faltaban anacos eliminados polos censores. Hoxe, rematéi de leélo na súa versión restaurada, gracias ó traballo de investigación de Xosé Manuel Dasilva que permitiu atopar o expediente de censura da obra, ver o texto orixinal do libro, as enmendas que o autor fixo nel para que poidera ver a luz, e que ofreceu a posibilidade de  reconstruir a novela na súa totalidade. Hoxe Blanco Amor estaría conforme coa obra e ledo de vela impresa tal e como él a creou. Un neno: Suso, unha cidade: Auria, unha época: primeiros anos do século XX, unha traxedia: a matanza de Oseira. Estes son os puntos principais dos que parte a novela de Blanco Amor. Unha visión inocente e sinxela da v

Eduardo Blanco Amor

Imagen
Nacido en Ourense un 14 de Setembro de 1897, a súa educacion foi bastante autodidacta aínda que tamén recibiu unha grande influencia de Vicente Risco na Escola Normal. Con dezasete anos traballou de secretario de dirección en El Diario de Ourense.  No ano 1919 emigrou a Arxentina, Bos Aires, onde continuou a súa formación e desenrolou alí unha grande actividade periodística como director da revista Céltica, do periódico da Federación de Sociedades Gallegas e da revista literaria A Terra, revista ésta última da que foi cofundador con Ramiro Isla Couto. Posteriormente ingresaría no diario La Nación, onde coñecería  a grandes autores como Borges, Sábato ou Horacio Quiroga, e da man deste diario volvería de novo a España, e aquí traballaría como corresponsal. Nesta época coñeceu a Castelao e tomou contacto co Partido Galeguista e co Grupo Nos. No ano 1933 ingresaría como encargado de redacción na revista Ciudad, en Madrid, e foi neste tempo cando contactou coa Xeración do 27 d

Caprichos con Historia

Imagen
Hola de nuevo Aquí os dejo dos libros que me tienen buena pinta y que me gustaría leer. "Reinas Malditas" de Cristina Morató Editorial : Plaza&Janés Editores Tapa dura 560 páginas ISBN: 978-84-0138-871-2 20,90 € Año 2014 Sinopsis Las vidas de estas reinas distan mucho de ser un romántico cuento hadas. Aunque infinidad de películas y novelas nos han mostrado el rosto más amable de su reinado, fueron, en general, muy desdichadas. Todas tienen en común la soledad, el desarraigo, la nostalgia, la falta de amor o el sufrimiento por no poder dar un herede ro al trono. También comparten la dolorosa pérdida de sus hijos, los fracasos matrimoniales y el sentirse  extranjeras en una corte donde no eran bien recibidas. Las suyas no fueron grandes historias de amor porque sus matrimonios eran asuntos de Estado. Algunas como Sissi fueron emperatrices en contr

Frangmento de "Xente ao lonxe" de E. Blanco Amor

Imagen
" Sin máis toques de cornetín, os cabalos galloparon por enriba da xente; logo recuaron, sempre co tenientiño a carón; botaron pé a terra e fixeron dúas descargas seguidas, cerradas, a queimarroupa. Cando o xentío se esparexeu quedaron nas lousas nove mortos e trinta feridos. Entre os mortos estaba unha muller moza, preñada xa pra parir, e asegún despois se soupo, o home entoleceu. Na face dun santo de pedra da Orden Bieita, na fachada apareceron escochados unos miolos.En todo o adral o sangue ía escoando polas rendixelas das lousas. Os mortos quedaron alí até que chegou o xuez o día seguinte. As campás de toda a parroquia e doutras que dende alí non se ouvían, tocaron a morte dous días coas súas noites, até que os enterraron.  Os xendarmes entraron ao solpor na cidade, co tenientiño ao frente, sin unha ferida, sin un croque de pedra, sin un arrabuñazo, cos uniformes ben cepillados, cos amarelos do correaxe como acabados de pintar, e fóronse á casa cuartel da Pr

El libro más sorprendente de la historia

Imagen
Hola a tod@s¡¡ Si, por aquí ando investigando y curioseando por la red, y me he cruzado con libros curiosos y extraños...yo diría más concretamente, libros sorprendentes y raros de la historia.  EL CÓDICE VOYNICH    Aproximándonos a este libro, tenéis que saber que su autor es desconocido, fue escrito hace unos 500 años y aún hoy se desconoce por completo en que idioma está escrito. Debe su nombre a la persona que lo adquirió en 1912,por un especialista en libros antiguos Wilfrid M. Voynich. El idioma en el que esta escrito ha sido denominado voynichés, y como os he contado de momento no se tiene ni idea de qué es lo que cuenta. Ha sobrevivido a los mejores ataques criptográfos y han sido muchos los medios informáticos utilizados para descifrarlo, pero todos los intentos han fracasado, lo han intentado incluso los mejores especialistas en descifrar textos de la Segunda Guerra Mundial, aquellos que consiguieron descifrar los códigos secretos de los japoneses y d

Novidades da Editorial Galaxia

Imagen
"Reo"  do escritor Xexús Fraga Editorial: Galaxia Colección: Costa Oeste 144 páxinas Rústica 12,00 € ISBN: 978-84-9865-542-1 Data publicación: Xaneiro 2015 1ª Edición 2ª Impresión Esta é a historia de Reo, un rapaz calquera dun barrio calquera. Premio Fervanzas Literarias 2014 ao Mellor Libro de Literatura Xuvenil Pero Reo é o rei dos graffiteiros da cidade: o que máis bombardea coa súa sinatura, o máis comprometido coa súa arte; o mellor. O graffiti é o que lle permite dar saída a todas as inquedanzas que lle bolen na cabeza. Ata que un día un misterioso rival o reta nos muros da cidade. Unha confrontación da que emerxerá transformado, aínda que non como Reo espera. Velaquí un dos argumentos da novela gañadora do Premio Raíña Lupa de Literatura Xuvenil 2013 e na que, ademáis de envolvernos nunha trama trepidante arredor de Reo, o hip hop, as bandas dos barrios e ás veces a tristeira vida cotiá de quen ten horizontes máis grande

"Lar-Nai-Pan" de Xosé Neira Vilas

Imagen
Ola a tod@s Tráiovos unha novidade de Editorial Galaxia , que se presentou en Santiago, na librería Pedreira Editorial:  Galaxia Colección: Biblioteca Neira Vilas 224 páxinas Rústica con lapelas 19,00 € ISBN: 978-84-9865-568-1 Data publicación: Novembro 2014 2ª Edición 1ª Impresión Inclúe o CD "Nai" lido por Uxía Blanco. Un libro "Lar-Nai-Pan" no que se recopilan tres traballos  de Xosé Neira Vilas ,  poemas en prosa editados en 1973, 1980 e 1986, por separado. Posteriormente, foron publicados en 1993 xuntos baixo o nome de "Charamuscas". Os poemas gardan unha continuidade e comparten un mesmo ton poético a mesma vontade de síntese e o mesmo afán evocador da infancia, da adolescencia e do tempo ido que caracterizan a obra de Neira Vilas. As páxinas chaman á reflexión e á saudade dos momentos vividos e dos escenarios íntimos, particulares e comúns, do múltiple devir da sociedade galega nos seus sentimentos, dor

Francisco Mantecón. Paixón e cálculo

Imagen
Aquí tedes a portada do libro que Editorial Galaxia edita con motivo da exposición "Francisco Mantecón. Paixón e cálculo" , un proxecto de Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre para o MARCO , Museo de Arte Contemporáneo de Vigo e a Fundación Luis Seoane . Precioso regalo que chegou as miñas mans e que me sorprendeu, pola información que me aportou e pola calidade do mesmo. Teño que recoñecer que non entendo de pintura, teño os coñecementos básicos neste fermoso arte, e a chegada deste libro fixo que me aproximara a obra deste artísta e diseñador Francisco Mantecón dunha manera grata. É este libro unha recopilación e unha reflexión sobre as pinturas de Mantecón (1948-2001) na súa etapa de maior madurez artística, levada a cabo entre as décadas dos 80 e 90. Na exposición reúnense un centenar das súas obras procedentes de coleccións institucionais e préstamos particulares. Obras que rompen coa moda imperante naqueles tempos, construídas matemáticamente, no que as

Incursións na Literatura Infantil

Imagen
Ola¡¡ Aquí veño cargada de libros infantís con unha moi boa pinta e recomendados por unha nai (Aida)  apaixonada pola literatura en xeral e pola infantil en particular pois ten dous cativos ben guapos, e da súa man deíxovos uns cantos libros fantásticos para mercar ou agasallar.   A miña amiga díxome que "A nena e o grilo" é coma un conto cantado e que ten o libro coma un tesouro. A Editorial OQO, vai polos concellos facendo actuacións dalgún dos seus libros, e ó remate dese espectáculo regalan o libro ós asistentes. Así os coñeceu ela.  Xeralmente son libros cunha estética moi coidada e sempre libros con mensaxe incluido para a ensinanza dos pequenos. Os espectáculos que ofrecen son moi divertidos para os nenos e moi moi especiáis. Estas recomendacións veñen da man dos seus cativos Manu e Brais , así que veñen de persoas moi expertas na materia, prégovos as tomedes con moita moita seriedade, porque saben do que falan¡¡ Dende aquí o meu agradecimiento polos s

Novedades da Editorial Galaxia

Imagen
Ola¡¡ Tráiovos un libro "Feitizo de sangue" , da triloxía "As crónicas de Landereina" da escritora Sabela González . Un libro da Editorial Galaxia , concretando, o segundo libro da triloxía, e que chega ás librerías fresquiño fresquiño. Feitizo de sangue Editorial: Galaxia Colección: As crónicas de Landereina 264 páxinas Rústica con lapelas 13,00€ ISBN: 978-84-9865-580-3 Data publicación: Xaneiro 2015 1ª Edición 1ª Impresión "En Svörie, a illa dos sabios, descubrián os segredos da súa montaña, do seu poder e, tamén, de como o pasado uniu o destino dos Gheiroez e do malvado Wiasmau Mentres a malvada man que pretende facerse co control do reino segue xuntando as partes da Pedra da Lúa grazas ao sangue de Ohn, príncipe de Landereina, Berenguela e Güenaela deixan atrás o bosque de Etlual para partir na procura do terceiro feitizo, o que destruirá para sempre a maxia do poderoso amuleto." Déixobos aquí información