"Biff, Bang, Pow!" de Xabier López López

Ola¡¡

Tráiovos hoxe un libro escrito en lingua galega de título "Biff, Bang, Pow!" do escritor Xabier López López. Un libro que ten máis marcha que a historia da marca discográfica Creations Record¡¡

 A Editorial Galaxia, tráenos una edición renovada dunha novela (case negra) publicada xa no ano 1997, e así, baixo o título dunha canción  dos años sesenta  Biff, Bang, Pow! da banda The Creation, ides atopar unha cidade loca e retorta, gris alaranxada, un Londres cheo de amor e de paz, de moitas frores e moita música e festas sen remate e no que, o persoaxe principal, un galego de B. (cun nome que vos fará reir), chega disposto a conseguir o seu soño e volver ó seu pobo natal, con moito diñeiro no peto para darlle nos fuciños a aqueles que non teñen fe nel.

E asi, ben posto, co seu mellor traxe, empeza a súa loita, e automáticamente empezarán as vosas gargalladas, unha tras outra non poderedes parar de leer as aventuras disparatadas deste homiño, que por causas de orgullo termina metido entre actores, detectives e festas, entre chineses descoñecidos, rusos cabreados e policias oscuros. Un galego de libro que dirían algúns, coas suas dúbidas inacabables, a sua retranca fina fina, e ese "inxenio" galego que nos saca dos peores atrancos, sempre tendo na súa mente a volta á Terra, aiii esa morriña noosa¡¡. Un persoaxe ó que terminaredes por coller cariño e ó que, nalgúns intres, dan ganas de avisálo da que se lle ven enriba, porque as veces pica de inocente como bo galego que é.

Duascentas dez páxinas cargadas de ironía nunha parodia no que ninguén é o que aparente ser, con asasinatos, desaparicións, búsquedas sen fin, secuestros, carreiras alocadas. Cuns interrogatorios para morirse coa rísa entre un ruso e un galego, onde o interrogado contesta con preguntas...e onde o persoaxe principal, ten divertidos encontros e despertares que mellor é olvidar.

Gustáronme especialmente as descripcións que fai sobre circunstancias ou lugares ou persoaxes, cun vocabulario rico consigue que vexas aquelo que o autor te quere facer ver ou sentir.

 "Os autos, home made of course, amarrados no seu peirao de asfalto, salpicaban aquí e acolá a intemporalidade aceitosa con pingas de pintura metalizada. Só as caixas do correo, únicos seres da creación que traballan os domingos, aventuraban a vida que se lle presupón a capital do derradeiro imperio, reflectindo nas súas coirazas de funcionario sen salario os escintileos esmorecidos dun sol que marcha en bicicleta"

E así, mediante o rico vocabulario, e as innumerables pingas que vai deixando por aquí e por alí coas que fai referencia ó contexto histórico pouco a pouco te vas facendo idea do tempo e lugar no que transcorre a acción, os lugares, as modas, os vehículos, a música. Un lugar moi diferente da Galicia natal do noso persoaxe, que ten que facer verdadeiros esforzos para poñerse a altura das circunstancias que o rodean.

Tamén resaltaría a evolución de A.P ó longo de toda a novela, chega a Londres como un galego co seu único traxe de domingo, e se atopa cunha cidade inmensa, cunha forma de vivir totalmente diferente da súa, onde accede a novas experiencias e novas sensacións, novas formas de vela vida que o van cambiando, e ainda que cando a novela remata, segue tendo moitas características do galego que era, penso que perde esa inocencia, aínda que non perde ese espíritu galego de loitador que ten unha enorme capacidade de adaptación ás novas circunstancias, e que encara a vida cun humor moi moi especial que só os galegos entendemos.

Cunha presentación do persoaxe principal que, amablemente, nos dí quen é e cal é a súa intención con esta obriña, e dezanove capitulos, mais un epílogo, atoparedes unha obra chea de detalles curiosos e graciosos, con notas aclaratorias para iluminarvos o entendemento e faceros rir aínda máis, con cartéis ilustrativos para que o voso maxín vaia por bo camiño e onde as onomatopeias están taaan clariñas que escoitaredes os estoupidos, os tiros e as zoupadas como si vos mesmos estivérades alí. Unha novela rápida e fácil de leer, adictiva e na que dende a primeira línea xa teredes o soriso na boca e terminaredes a gargalladas. 

Ainda que a novela da que falamos hoxe, está encadrada dentro da Colección Oeste, indicada ou encamiñada a cativos de máís de catorce anos, eu penso que é unha novela no que os adultos tamén pasarán un bo rato. Moi moi entretida e divertida, para pasar uns agradables intres de lectura e terminar cun amplo sonriso na boca.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Fragmento de "Los últimos días de nuestros padres" de Joël Dicker

SANTIAGO DE COMPOSTELA EN LOS LIBROS

"O faro escuro" de María López Sández