sábado, 17 de enero de 2015

Anxel Fole

 Ánxel Fole naceu en Lugo en 1903. Vivíu na casa señorial da familia en Campo de Castelo; máis tarde en Fingoi e, desde 1910, na cidade de Lugo. Foi ali onde Fole coñeceu ós dos autores do Renacemento, de Cabanillas, Luis Antonio, Pimentel.. En 1912 comezou a estudar cos Irmáns Maristas; posteriormente pasou seis anos no Seminario Diocesano e, finalmente, concluíu o Bacharelato no Instituto de Lugo aos vintetrés anos.
     Despois de prestar o servicio militar en Zamora, entre os anos 1927 e 1933 realizou estudos de Dereito e Filosofía e Letras nas universidades de Valladolid, Madrid e Compostela. Na universidade galega ingresou na Federación Universitaria Escolar. Mais a guerra obrigouno a interromper os estudos.
     Dícese de Fole que é un autor de publicación tardía, máis publicóu artigos literarios e algunhas composicións poéticas en revistas e xornais durante os seus anos universitarios. Mentras promovía e dirixía diversas publicacións,colaborou en diferentes xornais galegos,e participaba na vida política, primeiro en círculos republicanos e, desde 1935, militando no Partido Galeguista.
     O caos que trouxo a guerra obrigou a Fole a vivir agachado durante certo tempo; perdeu o traballo e ficou sen recursos económicos. Sobreviviu impartindo aulas particulares até 1941, ano en que foi contratado como preceptor en Quiroga, onde seguiu colaborando con publicacións galegas e españolas. Aquí recuperou o contacto co mundo rural e a literatura oral, da que tirará argumentos e técnicas. A pesar do seu afastamento xeográfico, participou na fundación da editorial Galaxia, en que publicou a súa obra narrativa dos anos 50: Á lús do candil. Contos a carón do lume (1953) e mais Terra brava. Contos da solaina (1955). O seu único texto dramático, Pauto do demo (1954), viu a luz na editorial Citania de Bos Aires.
     En 1957 volveu instalarse en Lugo, onde recuperou a súa actividade xornalística, que foi moi intensa nas décadas seguintes. Parte desta actividade foi recompilada, en 1981, baixo o título Historias que ninguén cre. Na produción narrativa desta nova etapa urbana, constituída por ¿E decímolo ou non-o decimos? (1972) e Contos da néboa (1973), Fole abandonou a temática rural, aínda que mantivo a mesma linguaxe e técnicas narrativas dos anos cincuenta.
     Ingresou como membro numerario da Real Academia en 1963 e está considerado como un dos nosos clásicos desde a súa morte, acontecida en 1986.

Obra: 

 Á luns do candil. Contos a carón do lume. Vigo: Galaxia, 1953.
Terra Brava. Contos da solaina. Vigo: Galaxia, 1955.
Contos da néboa. Vigo: Castrelos, 1972.
¿E decímolo ou non-o decimos? Ed. do autor: 1972.
Historias que ninguén cre. Vigo: Xerais, 1981.
O conto de nunca acabar. Lugo: Celta, 1985.
Contos de lobos. Vigo: Xerais, 1985.
Obra literaria completa I e II. Obra en galego. Vigo: Galaxia, 2003. 
Pauto do demo. Bos Aires: Citania, 1958. 
Cora Paradela, Xosé de. Homes de Fole. Conversas de Ánxel Fole con Xosé de Cora. Santiago: SEPT, D.L., 1983.
Casares, Carlos. Conversas con Ánxel Fole. Vigo: Galaxia, 1984.

No hay comentarios:

Publicar un comentario