lunes, 16 de mayo de 2011

Dia das Letras Galegas 2011: Lois Pereiro

Mañá é 17 de Maio e celébrase en Galicia o Dia das Letras Galegas.

É esta unha celebración que se instaurou en 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a aqueles que destacasen en Galicia pola súa produción literaria en galego así como polo seu defensa do noso idioma .

Cada ano celébrase dedicándolle o día a unha personalidade diferente, e como único requisito que esixe a Real Academia Galega é que pasasen polo menos dez anos desde o seu falecemento.

Este ano o Día das Letras Galegas dedícase a Lois Pereiro do que vos falarei a continuación para que saibades algo máis del.



Lois Pereiro
 
 

Lois Sánchez Pereiro, máis coñecido como Lois Pereiro, nacido en Monforte de Lemos o 16 de febreiro de 1958 e falecido na Coruña o 24 de maio de 1996,1 foi un escritor e poeta español en lingua galega. No ano 2011 dedicáselle o Día das Letras Galega.

Estudou no colexio dos Escolapios e comezou a escribir con 15 anos.

Tras estudar Ciencias Políticas  e Sociología en Madrid decide pasar unha tempada de novo en Monforte de Lemos e de aquí volverá  a Madrid para estudar idiomas, fundando alí a revista Loia con Antón  Patiño, Manuel Rivas e co seu irmán Jose Luís Pereiro.
Anos despues, xa na Coruña únese á revista A Naval, e participa en varias antoloxías como son: De amor e desamor (1984), De amor e desamor II (1985), e colabora tambien noutras revistas como son Trilateral, Anima + e Luces de Galicia.

En Luces de Galicia publicaría Lois o seu oito capítulos da súa novela curta Naufragos do Paraiso.

Traballou como tradutor de idiomas e de dobraxe de cinema

Publicou dous poemarios en vida, Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía última de amor e enfermidade (1995). En 1996, ano da súa morte, saíu á luz Poemas para unha Loia, que recolle obras da época madrileña, publicadas na revista Loia, e que inclúe o ensaio Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal dá infamia, publicado no nº 27 de Luzes de Galiza.

Respecto das causas da morte de Pereiro, a pesar de padecer sida, foron un cúmulo de enfermidades que terminaron cunha insuficiencia hepática. Oficialmente e de acordo cunha sentenza da Audiencia Provincial de Lugo, tras un preito para que o Estado pagase o enterro, o motivo da súa morte foi unha intoxicación por aceite de colza desnaturalizado

Obra:
  • Poemas 1981/1991 (1992)
  • Poesía última de amor e enfermidade (1995)
  • Poemas para unha Loia (1997)
  • Conversa ultramarina (2010)
  • Náufragos do Paradiso (2011)
  • Antoloxía (2011)
  • Modesta proposición e outros ensaios (2011)
  • Obra poética completa (2011)
  • Obra completa (edición bilingüe) (2011)

Dos poemas Luz e sombras de amor resucitado


 Tristemente convivo coa túa ausencia
sobrevivo á distancia que nos nega
mentres bordeo a fronteira entre dous mundos
sen decidir cal deles pode darme
a calma que me esixo para amarte
sen sufrir pola túa indiferencia
a miña retirada preventiva
 
Lois Pereiro

Enlaces de interés:


2 comentarios:

  1. Siento decir que no conocía a este hombre y evidentemente no conocía su obra, así que me pondré las pilas rápidamente. Gracias por la información." non podo"

    ResponderEliminar
  2. Pues ánimo Non Podo, seguro que disfrutas leyéndolo. Un saludo y gracias por venir

    ResponderEliminar